Galego  |  Castellano  |  English

Noticias
En los medios
Videos
Memorias
Recursos
Newsletter
El Consello Social de la Universidade da Coruña convoca los Premios Consello Social 2018/2019
Noticias | 26/10/2018 14:53

 

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) vén de convocar os Premios Consello Social 2018-2019 co fin de recoñecer publicamente o labor daqueles grupos de investigación, alumnos e empresas que contribuíron co seu traballo ao fomento da innovación, o emprendemento, a internacionalización e a posta en valor do coñecemento universitario.

 

Os premios concédense en tres categorías: Impulso UDC, Confianza UDC e Emprende UDC. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 19 de xaneiro de 2019.

 

O Premio Impulso UDC concédese ao grupo de investigación da UDC máis competitivo nos ámbitos da investigación, a transferencia de coñecemento, a obtención de financiamento e a contribución á internacionalización da Universidade. Esta categoría estará establecida en dúas modalidades, Ciencia e Tecnoloxía, e Ciencias Sociais, Xurídicas e Humanidades, co fin de recoñecer o labor de distintos grupos de investigación competitivos en diferentes campos de coñecemento. Poderán ser beneficiarios deste premio os grupos de investigación inscritos no Catálogo de Investigación da UDC na data de apertura do prazo para a presentación de candidaturas aos premios, o 15 de outubro de 2018.

 

O Premio Confianza UDC outórgase ás empresas implicadas singularmente no fomento e/ou desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras en colaboración coa UDC nos campos da docencia, a extensión universitaria e o I+D+i. Poderán optar a este galardón as entidades privadas con personalidade xurídica propia que colaboraran coa UDC ou calquera dos seus institutos, departamentos, grupos de investigación ou servizos.

 

O Premio Emprende UDC concédese a aqueles estudantes e titulados da UDC como forma de recoñecemento á mellor idea emprendedora. Os solicitantes deberán ser equipos multidisciplinares integrados por titulados na UDC ou estudantes matriculados nalgunha titulación impartida pola UDC na data de presentación de solicitudes.

 

As candidaturas preséntanse a través da web premiosconsellosocial.udc.es. Por persoa ou entidade, poderase presentar un máximo dunha candidatura aos premios, xa sexa de carácter individual ou colectivo. Ademais, non poderán presentar a súa candidatura persoas ou entidades que foran galardoadas noutras edicións.

 

Os Premios Consello Social 2018/2019 serán entregados nunha cerimonia solemne no Paraninfo da Universidade da Coruña. Os premiados serán galardoados con 3.000 euros nas categorías Impulso UDC e Emprende UDC, mentres que o premio Confianza UDC será o pagamento dunha campaña de comunicación cun importe máximo de 3.000 euros.

 

Máis información en premiosconsellosocial.udc.es.

 

 

 

Contacto   |   Aviso Legal   |   
Seleccione la zona de intranet que desea visitar:
Intranet

Consello Social da Universidade da Coruña


Web: Bannister Global