A Cátedra Inditex-UDC de Sostenibilidad clausura a octava edición o próximo 27 de maio

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade porá o broche de ouro á oitava edición do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS) cunha nova sesión do Ciclo de Conferencias En Código Abierto, que nesta ocasión contará coa participación do Eliot I. Snider and Family Professor of Business Administration, Emeritus, and Co-founder Social Enterprise Initiative at the Harvard Business School, James E. Austin.

A conferencia, que terá lugar o luns 27 de maio ás 12.30 horas no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña baixo o título “Os desafíos e as oportunidades da colaboración entre empresas e ONG”, enmárcase no acto de clausura do CESIS 2018/2019, que será presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín.

Os interesados deben confirmar a súa asistencia antes do próximo 26 de maio enchendo este formulario.

Máis información en www.catedrainditexudc.org.

 

Arquivos