O Consello Social da UDC organiza a xornada ‘Retornando talento emigrado’

O Consello Social da UDC organiza a xornada ‘Retornando talento emigrado’

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza a xornada Retornando talento emigrado co obxectivo de poñer en valor a mobilización internacional do persoal docente e investigador e, sobre todo, o impulso de iniciativas que fan posible o regreso destes profesionais para transferir excelencia e coñecemento á súa universidade e país de orixe.

Retornando talento emigrado terá lugar o próximo xoves 13 de xuño na sala de xuntas do CITIC entre as 10.00 e as 13.00 horas e contará coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e do presidente do Consello Social e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín, que presidirán a xornada xunto ao director do distinguido como Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019, Manuel F. González Penedo.

Trala inauguración do encontro, o director do Centro de Regulación Genómica (CRG), Luis Serrano Pubul, trasladará aos presentes a experiencia de SOMMa, que constitúe a alianza de centros e unidades de excelencia Severo Ochoa e María de Maetzu -entre os que se atopa o Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC- e persigue o obxectivo de incrementar a visibilidade nacional e internacional da ciencia en España.

A continuación, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Salvador Naya Fernández, presentará InTalent, un programa específico de colaboración entre a Universidade da Coruña e Inditex para a contratación de investigadores de posdoutoramento con proxección e ampla traxectoria internacional baixo o criterio da excelencia.
Baixo o título “O coñecemento é a unidade básica para xerar benestar”, o director xeral de Ikerbasque, Íñigo Atxutegui Basagoiti, compartirá os principais fitos da Fundación Vasca para a Ciencia, creada en 2007 polo Goberno vasco para impulsar a investigación científica mediante a atracción e recuperación de investigadores excelentes.

Sobre atracción e xestión do talento falará tamén o director deICREA, Antonio Huerta Cerezuela, que centrará a súa intervención na estratexia da Institución Catalá de Investigación e Estudos Avanzados para facer posible a contratación do persoal científico e académico máis extraordinario e de maior talento.

Descargue aquí o programa da jornada Retornando talento emigrado.

 

 

Comparte este artículo

Arquivos