A directora xeral de Operacións de Water.org, no ciclo de conferencias En Código Aberto

A directora xeral de Operacións de Water.org, no ciclo de conferencias En Código Aberto

A directora xeral de Operacións de Water.org, Vedika Bhandarkar, será a protagonista da segunda sesión do Ciclo de Relatorios En Código Aberto do curso 2021/2022 da Cátedra Inditex-UDC de Sostenibilidade. A sesión celebrarase o vindeiro martes 26 de abril ás 13.00 horas no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, situada no Campus de Elviña.

‘The Worth of Water’ é o título da ponencia que ofrecerá Bhandarkar, unha das maiores expertas en inclusión financieira. Na súa conferencia abordará a importancia de desbloquear os fondos destinados a resolver a crise mundial da auga para, ao mesmo tempo, impulsar o empoderamento das familias no acceso á auga potable e ao saneamento.

Water.org, oenegé de axuda para o acceso á auga potable

Vedika Bhandarkar é responsable da eficiencia e eficacia operativas a nivel mundial de Water.org, organización sen ánimo de lucro de axuda ao desenvolvemento cofundada polo actor Matt Damon e o enxeñeiro Gary White, centrada no acceso universal á auga potable e ao saneamento para as persoas de países en vías de desenvolvemento. Este traballo está alineado coas metas de Nacións Unidas na Axenda 2030 a través dos Obxectivos de Desenvolvementos Sustentable (concretamente, o ODS 6).

A directora de operaciones de water.org conta con máis de 25 anos de experiencia na creación de equipos e desenvolvemento de negocio con instituciones financieiras de carácter internacional. Anteriormente foi directora de Impacto global e directora xeral da entidade na India.

O evento é de acceso libre ata completar aforo e los interesados poden solicitar o seu certificado de asistencia escribindo a catedra.inditex@udc.es .

Comparte este artículo

Arquivos