A divulgadora e youtuber Sandra Ortonobes, creadora da canle La Hiperactina, protagonista do terceiro taller formativo de Laboralia 2022

A divulgadora e youtuber Sandra Ortonobes, creadora da canle La Hiperactina, protagonista do terceiro taller formativo de Laboralia 2022

Como xerar contido de calidade e o uso das redes sociais para potenciar calquera perfil profesional serán dúas das temáticas nas que profundará a divulgadora e youtuber Sandra Ortonobes, creadora da canle La Hiperactina, que conta con máis de 1,1 millóns de seguidores, no terceiro taller de formación online Laboralia 2022.

O Consello Social da UDC organiza este evento que se impartirá o xoves 3 de novembro, ás 17.30 horas, baixo o título ‘Impulsa a túa actividade profesional: Aprende a crear e divulgar contido dixital’, vinculado ao seu programa de formación en competencias profesionais e orientación, que se desenvolve anualmente.

A experta en comunicación e youtuber, Sandra Ortobes, licenciada en Biomedicina e tamén coñecida como La Hiperactina, incidirá a través da súa experiencia nas claves para dominar e destacar nunha das habilidades máis relevantes e demandadas en calquera contexto laboral, o da comunicación.

Dunha maneira práctica e útil, achegará coñecementos, ferramentas e consellos que mellorarán as capacidades de creación e transmisión de contido dos asistentes e, con iso, as súas posibilidades de proxección laboral e persoal. Entre a temática que impartirá atoparemos tips e técnicas para sacar partido ás túas redes sociais, como xerar contido de calidade en profesións de futuro e ferramentas para divulgar contido.

Mellora a túa comunicación con La Hiperactina

O obxectivo deste novo taller de Laboralia 2022 é axudar a desenvolver e mellorar a transmisión efectiva de coñecementos e contido a estudantes, graduados, persoal investigador, docentes e outros profesionais a través dos medios dixitais ao alcance. Un aspecto que, ademais, impulsará a súa carreira profesional e a súa empregabilidade no competitivo mercado de traballo.

Os interesados/as en asistir a este taller formativo online, que se celebrará a través da aplicación de videoconferencias de Zoom, deben inscribirse antes do martes 1 de outubro ás 11 da mañá nesta ligazón: https://laboraliaudc.com/taller-formativo-hiperactina/

Comparte este artículo

Arquivos