A presidenta do operador de satélites de comunicacións Hispasat e da Comisión de Auditoría e de Nomeamentos e Retribucións de Hisdesat, Elena Pisonero, participará o próximo 11 de xullo na presentación da Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña coa conferencia “De empresas responsables a organizacións sustentables”, que terá lugar ás 12.00 horas no Paraninfo da Reitoría da UDC (r/ A Maestranza, 9).
Licenciada en Ciencias Económicas, con especialización en Economía Aplicada pola Universidad Autónoma de Madrid e Executive Management Program Stanford University Graduate School of Business, Pisonero preside Hispasat desde 2012.
A súa traxectoria profesional inclúe unha ampla experiencia tanto no sector público –foi Secretaria de Estado de Comercio, Turismo e da Pequena e Mediana Empresa do Goberno de España entre 1998 e 2000 e embaixadora de España e representante permanente ante a OCDE con sede en París entre 2000 e 2004-, como no privado, ocupando postos destacados en entidades como KPMG, Bruegel ou o Real Instituto Elcano.
Confirmación de asistencia
Os interesados en asistir á conferencia deben comunicalo enviando un correo electrónico a oficina.protocolo@udc.gal ou ben chamando ao 881 011 172.