A segunda edición de Talentos Inclusivos está en marcha

A segunda edición de Talentos Inclusivos está en marcha

A segunda edición de Talentos Inclusivos, proxecto no que o Consello Social da UDC colabora co Centro de Investigacións en Tecnoloxía da Información e a Comunicación (CITIC) e Aspace Coruña, iniciou a súa andaina despois da súa presentación oficial. O presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, acudiu ao acto celebrado na Domus da Coruña e amosouse satisfeito e ilusionado por celebrar a posta en marcha desta nova edición dun proxecto que para a institución representa un claro exemplo da vocación da Universidade da Coruña pola innovación social a través da educación, a investigación, a transferencia de coñecemento e o aproveitamento das oportunidades que brinda a revolución tecnolóxica. “É tamén unha mostra do compromiso da UDC e do seu Consello Social coa diversidade funcional que, evidentemente, pode ser fonte de desenvolvemento de talento e de innovación”, recalcou.

El programa Talentos Inclusivos ten como obxectivos inculcar na mocidade as vocacións STEM (relacionadas co ámbito científico, matemático e de enxeñería) e conciencialos sobre a realidade da diversidade funcional. Na anterior edición participaron máis de un centenar de alumnos e alumnas de 8 institutos de educación secundaria da provincia coruñesa, os cales desenvolveron diferentes solucións tecnolóxicas aplicadas aos retos propostos por persoas con parálise cerebral, os usuarios e usuarias de Aspace Coruña.

Talleres colaborativos de Talentos Inclusivos

Talentos Inclusivos fomenta o traballo cooperativo, a formación en competencias técnicas e humanísticas, incrementa o seu interese polas vocacións tecnolóxicas, a súa motivación e os seus valores humanos, sinalou Antonio Abril, durante o seu discurso. E engadiu que “contribúe a facer mellores profesionais e mellores persoas”. Recordou que a tecnoloxía debe estar ao servizo da humanidade e que xamáis se debe perder de vista o seu impacto nas persoas.

O presidente do Consello Social trasladou a súa noraboa a todo o equipo que está facendo posible o desenvolvemento de Talentos Inclusivos e desexou seguir tendo a oportunidade de contribuir nos obxectivos do programa no futuro.

Comparte este artículo

Arquivos