A Universidade da Coruña (UDC) presentou o 23 de xullo, a Memoria de Responsabilidade Social Universitaria (RSU) 2018/2019. O acto, tivo lugar de xeito telemático, foi presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e polo presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, e contou coa presenza de Mariano Barbacid, profesorAXA-CNIO de Oncoloxía Molecular no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
A Memoria de RSU mostra un ano mais o compromiso da UDC coa transparencia dos resultados da súa actividad de trasferencia e colaboración universidade- empresa. Julio Abalde recalcou a importancia da Memoria de Responsabilidade Social como un exemplo de todo o que a Universidad achega como servizo público. O reitor da UDC aproveitou para destacar “un aumento do financiamento das universidades e as súas labores de investigación significa un maior investimento para o futuro da nosa sociedade”.
Ademais, Abalde destacou a importancia da universidade dentro do proceso de transformación dixital: “Temos que ser un axente de renovación e de digitalización da nosa sociedade”. Neste eido, nombrou algunhas iniciativas da UDC, como o Campus Innova o a Ciudade das TIC da antiga Fábrica de Armas de A Coruña, nos que se aposta pola innovación tecnolóxica.
Na súa intervención, o reitor da UDC también fixo fincape nas iniciativas da universidade que favorecen a ponte universidade-empresa: “O CICA, o CITIC, o CITEEC e o Centro de Investigación Tecnolóxica permiten seguir adiante nas relacións entre as actividades dos grupos de investigación e as empresas. Un exemplo de isto son as 12 cátedras institucionais que mostran a colaboración entre a Universidade e o tecido empresarial”.
Por último, Abalde resaltou a súa meta de ser un claro exemplo de institución sostible e os obxectivos que a universidade ten por diante: “A UDC participa en programas como Green Campus e ano tras ano se recoñecen todos os esforzos que facemos sobre o desenvolvemento sustentable. Ademais, seguimos mantendo o compromiso da Universidade coa promoción de programas de inserción laboral e do fomento do emprendemento e a igualdade”.
A continuación, Antonio Abril destacou o valor engadido desta Memoria ao ser grazas a cooperación pública e privada. Ademais, remarcou o compromiso do Consello Social da UDC e da Conferencia de Consellos Sociales das Universidades Españolas (CCS): “Queremos seguir xeranto talento para prestar e mellorar continuamente os servicios universitarios e satisfacer as necesidades sociais e das empresas”.
Abril también indicou que a transferencia de resultados e precisa para mellorar en España a súa excelencia nacional e internacional e que, por iso, “a transferencia de resultados forma parte da universidade ao mesmo nivel que a formación académica”. Ademais, quiso resaltar a importancia da transformación dixital e engadiuque “non é unatema que abarca únicamente a tecnoloxía, senon tamén a cultura”.
Para rematar a súa intervención, Antonio Abril recoñeceu o importantísima labor das universidades, como tantas outras institucións, para “facer fronte á pandemia e ser capaces de continuar con actividades formativas, de investigación e de transformación durante os últimos meses”.
Relatorio de Mariano Barbacid
Antes do acto de presentación da Memoria de Responsabilidade Social da UDC, Mariano Barbacid, profesor AXA-CNIO de Oncoloxía Molecular no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, interviu no acto mediante a conferencia ‘Compromiso social e novas estratexias terapéuticas contra o cancro’. Durante a primeira parte da súa intervención, orientada ao compromiso social co I+D, Barbacid fixo fincapé na importancia de que “a sociedade axude a financiar, non só ás universidades, senón tamén directamente a grupos de investigación”. Ademais, sinalou que “sen a investigación, tanto clínica como preclínica, sería imposible seguir avanzando en novas terapias para o tratamento contra o cancro”.
Consulta aquí a Memoria de Responsabilidade Social Universitaria (RSU) 2018/2019
¿Qué é o Consello Social?
O Consello Social da Universidade da Coruña é o órgano de participación da sociedad na universidad, a ponte de unión entre a sociedade gallega e a UDC. A súa misión é velar pola satisfacción das necesidades e expectativas da sociedade por parte da institución académica, estando chamado, en particular, a promover o logro da excelencia na docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento científico.