Aberto o prazo de preinscrición na nova edición do CESIS

Aberto o prazo de preinscrición na nova edición do CESIS

Os interesados deben presentar a súa solicitude a través da sección de Preinscrición da web www.catedrainditex.com entre o 29 de setembro e o 11 de novembro.

A Cátedra Inditex-UDC de Sostibilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sostibilidade e Innovación Social (CESIS), que se impartirá entre os meses de xaneiro e maio de 2023. As persoas interesadas en acceder a este título propio de posgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude entre o 29 de setembro e o 11 de novembro de 2022 a través da páxina web www.catedrainditex.com.

A duodécima edición do CESIS incorporará contidos especificamente dirixidos a todos aqueles estudantes, recentemente graduados e profesionais con interese en profundar e desenvolver a súa carreira profesional en ámbitos vinculados á sustentabilidade e a responsabilidade e innovación social.

O programa académico, que se desenvolverá ao longo de 625 horas lectivas, incluíndo sesións presenciais e traballo non presencial, contará coa participación de máis dunha trintena de especialistas de recoñecido prestixio vinculados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas de proxección no ámbito nacional e internacional.

Comparte este artículo

Arquivos