O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín, participou o pasado 12 de maio no Observatorio ‘Impulsar o emprendemento desde o sistema universitario’, organizado en El Economista baixo a dirección técnica da Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa).
Durante o encontro, o tamén presidente da Comisión Universidade-Empresa da Cámara de Comercio de España, destacou que “as empresas queren intraemprendedores e as competencias profesionais son moi importantes, pois son as que moven o mundo e as que consiguen os cambios nas empresas”. Neste sentido, Abril Abadín suliñou que o compromiso ético, as habilidades intrarrelacionais, a mentalidade internacional, o afán de innovación e a dirección de equipos, entre outras, “son algunhas das competencias que temos que introducir no sistema educativo”.
Para acceder ao artigo de El Economista coas principales conclusións do Observatorio, pulse aquí.