AddVenture profunda na experiencia de Fogar do Santiso como exemplo de sustentabilidade empresarial

AddVenture profunda na experiencia de Fogar do Santiso como exemplo de sustentabilidade empresarial

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza o 20 de outubro, ás 17.30 horas, unha master class en liña co director financeiro da compañía galega Grupo Fogar, Víctor Lama, na que profundará na traxectoria e experiencia de Fogar do Santiso como empresa sostible 360º.

Baixo o título Emprendementos que inspiran: ‘Making of Fogar do Santiso’, a responsable da área financeira de Grupo Fogar realizará un percorrido polos comezos da compañía, a súa diversificación e as claves para converterse nun referente de sustentabilidade no sector da restauración, o turismo e a cultura. Desde a súa experiencia como consultor mostrará de que maneira pode trasladarse o exemplo de Fogar do Santiso a outros proxectos empresariais.

Finanzas sostibles e emprendemento

Víctor Lama, experto en finanzas sostibles, incidirá na súa importancia en calquera proxecto empresarial e como aplicalas nun plan de negocio a curto e medio prazo. Ademais, no seu labor como emprendedor impulsando diferentes ideas de negocio xa materializadas, achegará consellos e información práctica para a posta en marcha e desenvolvemento dunha idea de negocio desde o punto de vista económico, social e ambiental. Profundará nas competencias que debe manexar calquera emprendedor/a, a obtención de financiamento, aspectos a ter en conta nun plan de negocio e que estratexias aplicar para emprender.

Esta master class é unha das actividades sinaladas na axenda formativa de outono do Consello Social da Universidade da Coruña e enmárcase dentro do programa AddVenture, orientado á formación en emprendemento e transformación dixital de microempresas.

Os/as interesados/as en asistir a este evento en liña, que se celebrará a través da aplicación de videoconferencias de Zoom, poden inscribirse antes do martes 18 de outubro ás 11 da mañá nesta ligazón: https://addventureudc.com/

Comparte este artículo

Arquivos