Ángel Carracedo clausura o curso de Espazo Compartido destacando a importancia da diversidade

Ángel Carracedo clausura o curso de Espazo Compartido destacando a importancia da diversidade

O investigador Ángel Carracedo despediu, nun encintro online, o curso 2019-2020 de Espazo Compartido. Un acto no que participaron o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril Abadín; o recitor da UDC, Julio Abalde e a vicerreitora do Campus de Ferrol, Maria Jesús Movilla. Todos eles falaron aos estudantes, profesores e titores do primeriro curso da cuarta promoción e destacaron a importancia desta formación para a universidade, ao tempo que agradeceron a implicación do Consello Social da Universidade da Coruña na promoción e implantación do programa, así como no seu financiamento e consolidación.

Durante a súa intervención o Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e coordinador do Grupo de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, destacou a importancia da diversidad na sociedade para a evolución do ser humano: “Son precisas as diferencias como fonte de crecemento e mellora do ser humano”.
Ao longo do seu relatorio o xenetista deu a coñecer o traballo que realiza o seu equipo a través de 12 equipos que traballan en problemas relativos á saúde e que poden tener resposta a través da investigación xenética. Deste xeito fixo un percorrido polo desenvolvemento profesional dos máis de 150 personas do seu equipo, que traballan nun sistema mixto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o sistema de saúde. “Facemos investigación tratando de solucionar problemas da vida diaria” asegurou o investigador: “O traballo comeza cando xurde un por qué para algo. A isto lle sigue un proceso de investigación para coñecer se xa existía esta dúbida e resposta para ela “.

A importancia da investigación

Nesta liña explicou ao alumnado que “isto implica un proxecto de investigación no que traballan moitos especialistas distintos, cada un cunhas cualidades. Para traballar eu pido que lles encante o que facemos, paisón e ilusión”, puntos que este destacado investigador sinalou á hora de dirixirse ao alumnado, sen obviar que “para poder facer o noso traballo é preciso o financiamento e por iso tamén traballamos desde a ciencia. Sempre que se investiga atopánse respuestas interesantes que contribúeen a que a humanidade poida ir mellor”.

Asemade Carracedo falou dun tema que foi de gran interés para os estudantes como é o traballo desenvolvido en torno á investigación con ADN “é unha molécula máxica que apareceu na terra pouco despois de que esta se formara, fai 4.500 millóns de anos e que é tremendamente diversa. Da a posibilidade de ter capacidades distintas e esta é a grandeza do ser humano”. Aínda que destacou que: “A diversidade sempre é boa, en ocasiones isto deriva en dificultades na nosa vida. E, nisto traballamos no laboratorio, para poder entender e tratar as diferencias que afectan á saúde da xente” e afirmou que traballan en buscar todos os marcadores do ADN que permitan mellores tratamentos contra enfermidades como o cancro ou a covid19.

No remate da súa intervención insistiu en que toda a sociedade é distinta e todas as persoas teñen algún tipo de problema co que deben aprender a convivir e sinalou que é mais partidario dun sistema educativo no que se valoren as cualidades antes que os contidos.

Esforzo dos estudantes

Pola súa parte o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, agradeu tanto aos estudantes como as sus familias o esforzo desenvolvido, así como ás entidades promotoras e impulsoras do programa Espazo Compartido. “Todos fan un gran trabajo e o Consello Social pon todo o seu esforzo para que este proxecto saía ben. Entendemos a universidade inclusiva como un camiño para atopàr a igualdade de oportunidades” sinalou ao tempo que dixo que esta e unha das vías “para lograr un emprego digno, e isto tamén hai que traballar e esforzarse para ser os mellores”

Aos estudantes recordoulles que “sodes referentes do universitarios: polo voso esforzo, traballo e ilusión”. Asemade Antonio Abril asegurou, en relación a este curso académico distinto, que “isto é a la universidade: ten como metas hacer fronte aos cambios da vida, atopar respostas aos retos que se plantean”.

Recordando a importancia da implicación do mundo empresarial sinalou que a colaboración público- privada es imprescindible para continuar avanzando en Espazo Compartido, xa que é unha formación dual con clases na universidade e prácticas na empresa privada”.

Pola súa parte o reitor da UDC, Julio Abalde, dixo que para a universidade “Espazo Compartido é unha das nosas razóns de ser xa que temos que dar cabida a toda a sociedade independentemente da situación na que nos atopemos. Debemos traballar no desenvolvemento de persoas. Esto máis que un programa é unha sinal de identidade”.

Pola súa banda María Jesús Movilla destacou que “este foi un ano distinto no que sabamos o mellor de nos. Agradecemos o esfuerzo dos profesores que pasaron das clases presenciais ao espazo virtual con rapidez” ao tempo que agradeceu a implicación das entidades e empresas que financian Espazo Compartido e que ademáis abren as portas ao desenvolvemento das prácticas.

Espazo Compartido

Espazo Compartido é un programa de formación básica e para o emprego para persoas cunha discapacidade cognitiva superior ao 33%, maiores de idade, que non teñen acceso á universidade. Dentro das materias impartidas en Espazo Compartido están Desenvolvemento persoal, Matemáticas, Habilidades laborais básicas, Iniciación nas TIC, Ofimática e Internet, entre outras. Tamén ten obradoiros de formación transversal como Robótica, Fotografía. Música, Identidade Dixital, Baloncesto o un Club de Lectura, entre outras. Unha ampla oferta formativa que resposta á aposta pola responsabilidade social universitaria.

Espazo Compartido leva a cabo a súa función promovido pola UDC, o Consello Social da UDC, Santander Universidades, e as fundacións Universia, ONCE e UDC.

Comparte este artículo

Arquivos