Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), presentou a súa candidatura á Presidencia da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCS). Sen outras candidaturas presentadas, o calendario electoral finalizará o 16 de novembro coa súa elección como presidente na Asamblea Xeral da CCS.
Antonio Abril Abadín (Viveiro –Lugo- 1957) é avogado do Estado e, desde 1989, Secretario Xeral e do Consello de Administración de Inditex. Desde 2008 preside o Consello Social da UDC. Substituirá a Manuel Pizarro, presidente do Consello Social da Universidade Autónoma de Madrid, que ocupaba o cargo desde febreiro de 2015.
Candidatura
Acompañan a Antonio Abril Abadín na súa candidatura os seguintes presidentes de consellos sociais:
Candidatos a vicepresidentes (por esta orde):
• Dna. María Concepción Yoldi García.
Presidenta do Consello Social da Universidade de Sevilla.
• D. Julio Lage González.
Presidente do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid.
Candidatos a vocais:
• D. Ladislao de Arriba Azcona.
Presidente do Consello Social da Universidade de Oviedo.
• Dna. Mónica Bragado Cabeza.
Presidenta do Consello Social da Universidade Politécnica de Valencia.
• D. Juan Antonio Campillo Paredes.
Presidente do Consello Social da Universidade de Murcia.
• D. Luis Javier Cepedano Valdeón.
Presidente do Consello Social da Universidade de León.
• D. Joan Pedrerol Gallego.
Presidente do Consello Social da Universidade Rovira i Virgili.
• D. Ángel Tristán Pimienta.
Presidente do Consello Social da Universidade de Las Palmas de GC.
• D. Manuel A. Villa Cellino.
Presidente do Consello Reitor da Universidade Antonio de Nebrija.
Os consellos sociais son os órganos de representación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións destacan a supervisión e aprobación dos orzamentos de cada centro, así como da súa oferta académica. A Conferencia agrupa aos consellos de 47 das 48 universidades públicas españolas e integra tamén a un número crecente de centros privados. O seu funcionamento está regulado pola Lei Orgánica de Universidades e pola lexislación específica de cada comunidade autónoma.