Antonio Abril Abadín, novo Presidente da Conferencia de Consellos Sociais

Antonio Abril Abadín, novo Presidente da Conferencia de Consellos Sociais

Antonio Abril Abadín foi nomeado novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades (CCS). Abril, ao fronte do Consello Social da Universidade da Coruña, releva a Manuel Pizarro Moreno, quen conclúe o seu mandato ao fronte da Conferencia.

O nomeamento produciuse na Asemblea Xeral da CCS celebrada este xoves 16 de novembro en Madrid, na que tamén foi elixido o resto de membros do seu Comité Executivo.
Os Consellos Sociais son os representantes da sociedade na universidade e todos os centros públicos contan cun. A Conferencia agrúpaos e, desde 2011, tamén integra a universidades privadas. Abril afirmou que o seu principal obxectivo é “reforzar o compromiso dos consellos sociais cunha universidade ao servizo da sociedade“. Para esto, apuntou, “urxe abordar, sen máis demora, a reforma do sistema de xestión e goberno e a mellora do seu financiamento, internacionalización e da transferencia ao sector produtivo dos resultados da investigación universitaria”.
Pizarro, pola súa banda, agradeceu o traballo realizado nas distintas comisións que conforman a Conferencia e afirmou que “sirve como base para plantear agora propostas sólidas de mellora da nosa educación superior e consolidar os cambios aos que aspiramos”.

Nunha reunión posterior, o Comité Executivo retificou a Miguel Ángel Acosta como secretario xeral da Conferencia e designou presidentes das comisións de traballo ao propio Abril (Comisión Académica), Ladislao Azcona (Comisión de Transferencia e Relacións coa Sociedade) e Luis Javier Cepedano (Comisión Económica).

O novo Comité Executivo da CCS queda integrado por:

-Antonio Abril Abadín (Universidade da Coruña, presidente)

-Concha Yoldi (Universidad de Sevilla, vicepresidenta)

-Julio Lage (Universidad Politécnica de Madrid, vicepresidente)

-Ladislao Azcona (Universidad de Oviedo, vocal)

-Mónica Bragado (Universidad Politécnica de Valencia, vocal)

-Juan Antonio Campillo (Universidad de Murcia, vocal)

-Luis Javier Cepedano (Universidad de León, vocal)

-Joan Pedrerol (Universidad Rovira i Virgili, vocal)

-Ángel Tristán (Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, vocal)

-Manuel A. Villa-Cellino (Universidad Antonio de Nebrija, vocal)

Tamén forman parte do Comité con voz pero sen voto:

-Elena Marín (presidenta de la Comisión de Secretarios, vocal)

-Miguel Ángel Acosta (secretario general de la CCS)

Antonio Abril Abadín (Viveiro, Lugo, 1957), é avogado do Estado e, desde 1989, secretario xeral e do Consello de Administración de Inditex. No eido universitario é presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, preside a Comisión Universidade-Empresa da Cámara de Comercio de España e é membro do Padroado da Fundación CYD.[Ver CV completo].

Sobre a CCS

Os consellos sociais son os órganos de representación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións destacan a supervisión e aprobación dos orzamentos de cada centro, así como da súa oferta académica. A Conferencia agrupa aos consellos de 47 das 48 universidades públicas españolas e integra tamén a un número crecente de centros privados. O seu funcionamento está regulado pola Lei Orgánica de Universidades e pola lexislación específica de cada Comunidade Autónoma.

Comparte este artículo

Arquivos