O Consello Social da UDC, por medio do seu presidente, participou o pasado 23 de maio no acto de presentación da Cátedra de Discapacidad y Empleabilidad TEMPE-APSA da Universidad Miguel Hernández (UMH) de Elche. No evento tomaron a palabra, ademais de Antonio Abril, outras personalidades como o director de Comunicación, Relacións Institucionas e RSC da Fundación Once, Fernando Riaño; a presidenta de Apsa, Nito Manero; e o alcalde de Elche, Carlos González.
Fernando Riaño destacou a importancia de iniciativas que, coma esta, contribúen a unir a empresa e o compromiso social. Pola súa banda, Antonio Abril suliñou a necesidade de potenciar a inserción laboral das persoas con discapacidade –pois o 60% non contan cun posto de traballo-, así como a súa presencia nas Universidades, que tan so contan cun 1,3% de alumnos con discapacidade.
A Cátedra de Discapacidad y Empleabilidad TEMPE-APSA nace co obxectivo de impulsar a investigación e a formación no eido da discapacidade e, sobre todo, para potenciar a inserción laboral. Por este motivo, impulsou o Título Propio de Experto Universitario en Tareas Auxiliares de Tienda, destinado principalmente a persoas con discapacidade intelectual.
Ademais, púxose en marcha un proxecto de investigación sobre “Estrategias para la inserción laboral de personas con capacidad intelectual límite”. Este estudo está composto por un equipo de cinco investigadores das áreas de Dereito, Psicoloxía e Economía da UMH, así como por dous profesionais de APSA e TEMPE.
Asimesmo, a través da Cátedra preténdese fomentar a investigación en materia de discapacidade nos estudiantes mediante os Traballos de Fin de Grado (TFG) dos estudos da UMH. En concreto, dotarase dun premio para o mellor TFG sobre Dereito da Discapacidad, en colaboración coa Clínica Xurídica da UMH.
Finalmente, co obxetivo de promover a formación, a Cátedra está en proceso de creación de diversos cursos sobre atención á diversidade no entorno laboral, lectura fácil ou Dereito da Discapacidade.