Antonio Abril Abadín traslada a la alcaldesa de A Coruña los compromisos de la Universidad
Antonio Abril con Inés Rey y Javier Celemin

O presidente do Consello Social da UDC e da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS), Antonio Abril Abadín, reuniuse onte coa alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey García, para poñer en común as necesidades da Universidade e da sociedade coruñesa.

Neste primeiro encontro institucional, Abril destacou como prioridades a sensibilización da sociedade sobre a transcendencia da educación, o impulso da reforma estrutural do modelo de gobernanza, o incremento do financiamento público e privado das universidades, a internacionalización das universidades españolas e a mellora da empregabilidade dos estudantes a través dunha maior excelencia do sistema educativo e da cooperación público-privada.

Na reunión participou tamén o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Javier Celemín Santos, que formará parte do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña.