Antonio Abril clausura as XXXIII Xornadas de Xerencia universitaria

Antonio Abril clausura as XXXIII Xornadas de Xerencia universitaria

A Universidade da Coruña acolleu esta semana as XXXIII Xornadas de Xerencia, unha iniciativa da Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (Crue) que cada ano permite compartir tanto as universidades públicas como privadas os principais retos xerenciais do sistema universitario.

No acto de clausura interveu Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, que destacou o valor para as universidades dos seus xerentes xa que “as organizacións humanas son o que as persoas que as compoñen fan delas e a súa excelencia depende de que ao seu frente estean quen aúnan as adecuadas condicións de capacidade e mérito e sexan capaces de transmitilas á organización a través de instrumentos de xestión”.

E, ademais, sinalou o reto ineludible da reforma da universidade “para poder responder aos grandes requerimientos do noso tempo. Xa non valen retoques parciais, hai que redimensionar as súas estruturas produtivas, darlles sostibilidade financeira no tempo e dotalas dun sistema de goberno claramente orientado á satisfacción das demandas sociais”.

Nestas xornadas debatiuse sobre as políticas autonómicas de financiación universitaria, sobre o novo decreto ‘3+2’ e se analizaron os derradeiros datos da Universidade Española en Cifras. Abordouse tamén o novo programa marco da Unión Europea para a financiación do I+D+i e os novos procedementos de compra pública innovadora. Ademais, desenvolvéronse, como en edicións anteriores, obradoiros para fortalecer as ferramentas de xestión e a visión estratéxica das universidades.

O acto de clausura contou ademais coa presenza do director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Ciencia y Deporte, Jorge Sainz; o secretario xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Alberto Díez; a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestructuras da UDC, Amalia Blanco; así como co xerente da UDC, Juan Manuel Díaz Villoslada.

Discurso completo de Antonio Abril.

Comparte este artículo