Antonio Abril participa na presentación do estudo sobre o futuro da universidade española ante a transformación dixital

A Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS) e a Rede Española de Fundacións Universidade-Empresa (REDFUE) organizan o vindeiro mércores, 15 de xullo, un seminario online para presentar o estudo titulado “Os retos das Universidades españolas ante a transformación dixital”. O obxectivo do seminario é mostrar o que están facendo actualmente as universidades neste eido e a súa importancia no mercado laboral.

Neste acto participarán Antonio Abril Abadín, presidente de CCS; Antonio Aracil García, presidente de REDFUE; Tona Rubio, autora do estudo; Teresa Riesgo, secretaria xeral de innovación; e José Manuel Pingarrón, secretario xeral de Universidades. Inscripcións aquí.

Arquivos