Antonio Abril participa nas ‘V xornadas de fundraising e mecenado’

Antonio Abril participa nas ‘V xornadas de fundraising e mecenado’

A Universidade de Vigo organizou as ‘V xornadas de fundraising e mecenado’ co obxectivo de reflexionar sobre desenvolvemento do mecenado como ferramenta que axude a potenciar o coñecemento.

Estas xornadas celebradas os días 9 e 10 de maio contaron coa participación do Presidente de la Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas (CCS) e Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín.
“Un gran número de universidades públicas españolas non ten tradición en materia de captación de recursos privados. É imprescindible cambiar a nosa cultura de financiamento e posibilitar un mecenado activo ao servizo dos nosos grandes centros de produción de coñecemento e talento”, afirmou Abril Abadín.

Tamén destacou que a pesar de que a formación de capital humano e científico sexa unha inversión de futuro, mantelo día a día supón un gran custe que, ademais dun financiamento público, tamén require dun importante caudal de recursos privados.

Xa o pasado mes de decembro, a CCS presentou o libro “Incentivos fiscales al mecenazgo y a la investigación en la Universidad” no que se propoñen medidas para mellorar o financiamento privado das universidades públicas.

 

Comparte este artículo

Arquivos