Antonio Abril participará na presentación do Informe CYD 2017 o próximo 13 de setembro

Antonio Abril participará na presentación do Informe CYD 2017 o próximo 13 de setembro

O acto de presentación do Informe CYD 2017 sobre a contribución das universidades españolas ao desenvolvemento terá lugar o xoves 13 de setembro a partir das 12 horas no Anfiteatro Casa de América (Madrid). A primeira parte consistirá nunha mesa redonda presidida e moderada por Francesc Solé Parellada, Vicepresidente da Fundación CYD, e contará cos relatorios de Pilar Aranda, Vicepresidenta da CRUE e Reitora da Universidade de Granada; Ángeles Heras, Secretaria de Estado de Universidades, Investigación e Innovación; Martí Parellada, Coordinador Xeral do Informe CYD; e Concepción Yoldi, Vicepresidenta da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades e Presidenta do Consello Social da Universidade de Sevilla.
A apertura da segunda parte estará a cargo de Ana Botín, Presidenta da Fundación CYD, e contará coas intervencións de Roberto Fernández, Presidente da CRUE; Javier Monzón, Presidente do Comité Executivo da Fundación CYD; e Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais. A clausura do evento contará coa presencia especial de Pedro Duque, Ministro de Innovación, Ciencia e Universidades.

O informe conta con catro capítulos principais: “Sistema Universitario Español: trazos básicos”, “Graduados universitarios e mercado de traballo”, “investigación e transferencia nas universidades españolas” e “a posición internacional das universidades españolas”.

Máis información no Blog da Fundación CYD.

Comparte este artículo