Aprobación da memoria do Consello Social sobre o exercicio 2016

Aprobación da memoria do Consello Social sobre o exercicio 2016

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña aprobou, na súa sesión do 4 de maio, a memoria do Consello Social correspondente ao exercicio 2016 e a designación de membros nas comisión permanentes e noutros órganos e institucións.

Tras escoitar o informe da Universidade sobre o estado da execución orzamentaria no segundo trimestre do exercicio 2017, o Pleno aprobou a contratación da auditoría para o exame das contas anuais correspondentes ao exercicio 2016; a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo, a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario; as novas tarifas aplicables ao aluguer de espazos da UDC; e a modificación das tarifas aplicables ao aluguer de espazos da UDC; e a modificación das tarifas do Servizo de Apoio á Investigación 2017.

Ademais, durante a sesión plenaria tamén foi aprobada a aceptación por parte da Universidade da Coruña da doazón de diverso material da SEAT e do SERGAS a favor da institución académica.

Comparte este artículo

Arquivos