Aprobación do orzamento da UDC para o exercicio 2017

Aprobación do orzamento da UDC para o exercicio 2017

O pleno do Consello Social da Universidade da Coruña aprobou, na súa sesión de onte, o orzamento e o plan operativo da UDC para o exercicio 2017. Previamente, o pasado día 20, a Comisión de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social fora informada polo equipo de goberno do proxecto como parte dos trámites previos á súa aprobación final.

O orzamento da UDC para 2017 quedou fixado en 119,45 millóns de euros, o que supón un incremento do 2,69% con respecto ao ano anterior, debido a que se consigna crédito para acometer a recuperación do complemento imputable á paga extra.

Ademais, tras o informe do presidente, o pleno aprobou o orzamento do Consello Social; a modificación de tarifas do Servicio de Apoio á Investigación 2017; a aceptación por parte da Universidade dunha doazón dun cubípodo de formigón Cementos Tudela Veguín S.A.; a asignación de complemento autonómico á labor docente investigadora da UDC, así como a asignación de complemento autonómico ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora a profesorado da UDC. Da mesma maneira, a Universidad informou sobre os convenios aprobados en Consello de Goberno, e aprobouse o calendario de Plenos do Consello Social para 2017.

Máis información sobre o orzamento 2017 da UDC neste ligazón.

Comparte este artículo

Arquivos