O Consello Galego de Universidades aprobou o pasado 13 de outubro o Plan de Financiación Universitaria 2016-2020, que contará cunha dotación orzamentaria de 2.470 millóns de euros para as tres universidades galegas. O 33,4% do reparto inicial realizarase en base a resultados, correspondendo o 66,6% dos fondos a financiación estrutural das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Pode consultar a información oficial publicada pola Xunta de Galicia aquí.
Descargar o Plan de Financiación Universitaria do Sistema Universitario Galego.