O Consello Social da Universidade da Coruña e a Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) convocan anualmente un certame de creación gráfica, no que participan alumnos vinculados a algún programa de formación impartido por esta institución.
Para o desenvolvemento deste certame, as entidades organizadoras convidan novos artistas locais, nacionais e internacionais, alumnos ou antigos alumnos da Fundación CIEC, a presentar unha obra realizada en calquera técnica gráfica, inédita e inspirada nalgún edificio ou monumento que forme parte do patrimonio arquitectónico ou escultórico da Universidade da Coruña.
A través deste proxecto, o Consello Social da Universidade da Coruña e a Fundación CIEC pretenden contribuír ao fomento e á proxección da actividade artística en Galicia, estimulando a creatividade dos mozos que destaquen por demostrar especiais aptitudes no ámbito da arte gráfico.
Gañadores do Certame de Creación Gráfica do Consello Social da UDC: