Baixo o título “Por que formarse en novas tecnoloxías dixitais?”, o Consello Social da Universidade da Coruña celebrou onte o terceiro taller de Laboralia 2020, que foi presentado polo presidente do Consello e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín, e contou coa participación dos expertos en Ciberseguridade, Internet das Cousas e Intelixencia Artificial, Pablo González, Álvaro Núñez-Romero e Francisco Ramírez.
A importancia da ciberseguridade para as empresas e a elevada demanda de perfís deste ámbito por parte do tecido produtivo centraron a intervención do presidente do Consello Social, que recoñeceu o “risco reputacional” que supón para unha compañía “un incidente en materia de e ciberseguridade”.
Como experto na materia, o responsable do departamento Ideas Tolas de Movistar, Pablo González, fixo referencia á actual transformación dixital e apuntou que “é a sociedade a que se está transformando, non só as empresas”. Neste sentido, e lembrando a actual situación sociosanitaria xerada pola pandemia do e COVID19, explicou que “cada vez se realizan máis operacións dixitais, polo que se require unha maior seguridade neste ámbito e profesionais á fronte do sector”.
“O reto é aprender cada día algo novo en ciberseguridade, unha aprendizaxe continua e unha actitude positiva como valor diferencial”, concluíu.