‘En Código Aberto’ é o Ciclo de Conferencias da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade. Trátase dun proxecto a través do que se pretende contribuír a que tanto a sustentabilidade como a responsabilidade social pasen a ser un fenómeno próximo e comprensible para a comunidade universitaria e o público en xeral, fomentando para iso a reflexión colectiva e o debate construtivo ao redor de cuestións de actualidade vinculadas a este ámbito.
Trátase dunha iniciativa dirixida a profesionais de empresas, administracións públicas, entidades non lucrativas e alumnado universitario interesado en profundar no ámbito da sustentabilidade e a responsabilidade e innovación social.
O Ciclo de Conferencias ‘En Código Aberto’ veu contando coa participación de investigadores e profesionais pertencentes a organizacións con destacada actividade, nacional e internacional, do ámbito público, empresarial e non lucrativo.