Dentro dos obxectivos do Consello Social da Universidade da Coruña atópase o de impulsar a estratexia de desenvolvemento da UDC, favorecendo a súa interrelación coa sociedade. Trátase de procurar unha mellor calidade do ensino e investigación universitarias e a súa eficaz transferencia e posta en valor por parte das empresas, de maneira que a universidade contribúa decisivamente ao desenvolvemento económico, social e cultural da súa contorna.
Co gallo de atinxir estes obxectivos, o Consello Social, como órgano de representación da sociedade na UDC, promoveu a firma de acordos con entidades privadas e empresas para o desenvolvemento conxunto de actividades académicas, formativas ou divulgativas en diversos campos.
Entre os acordos e convenios promovidos polo Consello Social da UDC atópanse os seguintes:
- Acordo de colaboración entre Industria de Diseño Textil S.A. (Inditex) e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de actividades dirixidas á implantación dun modelo de Responsabilidade Social Universitaria. Ler máis.
- Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e Industria de Diseño Textil S.A. (Inditex) para a internacionalización dos estudos de doutoramento. Ler máis.
- Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e Industria de Diseño Textil S.A. (Inditex) para a contratación de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional a través do “Programa InTalent”. Ler máis.
- Convenios específicos de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Fundación Universia e o Banco Santander, S.A. para a posta en marcha, execución e consolidación pola Universidade do Proxecto “Espazo Compartido”. Ler máis.
- Convenio específico de colaboración entre a Universidade da Coruña (UDC), o Consello Social da UDC, Banco Santander S.A. e a Fundación Universidad de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro no proxecto “Finanzas para Mortales”. Ler máis.
- Convenio de colaboración entre o Consello Social da Universidade da Coruña, a Asociación Galega da Empresa Familiar e a Fundación Universidade da Coruña, para o fomento da emprendeduría e a formación en competencias no ámbito universitario. Ler máis.
- Convenio entre a Universidade da Coruña, a Asociación Galega da Empresa Familiar, o Instituto da Empresa Familiar e Inditex polo que se regula a Cátedra Institucional da “Empresa Familiar”. Ler máis
- Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e Megasa Siderúrgica S.L. para o fomento da investigación e a formación de titulados universitarios en materia de competencias profesionais. Ler máis.
- Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e Santiago Mediano Abogados S.L. para a promoción de accións conxuntas orientadas á mellora da estratexia de protección xurídica, xestión e explotación dos activos intanxibles xerados pola actividade investigadora na UDC. Ler máis.