Como encaixar no mercado laboral na era da Intelixencia Artificial centra o segundo taller de Laboralia 2022

Como encaixar no mercado laboral na era da Intelixencia Artificial centra o segundo taller de Laboralia 2022

O Consello Social da UDC organiza o próximo 5 de outubro, ás 17.30 horas, o segundo taller formativo en liña de Laboralia 2022. Baixo o título ‘Intelixencia Artificial: Como reciclarte en novas tecnoloxías e orientarte a novas profesións’, o experto e divulgador Carlos Santana, creador da canle de youtube DotCSV que conta con máis de 600 000 subscritores, abordará diferentes aspectos relacionados co impacto da Intelixencia Artificial e outras tecnoloxías disruptivas no mercado laboral e como están a afectar aos diferentes sectores e postos de traballo.

Dunha maneira útil e práctica, o especialista en novas tecnoloxías trasladará o seu coñecemento respecto a demanda presente e futura de novos perfís nas empresas, as competencias que requiren para adaptarse ás tecnoloxías de vangarda e de que maneira reorientarse cara a ese futuro laboral inmediato dominado pola Intelixencia Artificial.

Intelixencia artificial e mercado laboral

Este novo taller persegue achegar as tecnoloxías dixitais a mozas e profesionais que pretenden encaixar no competitivo e cambiante mercado de traballo; achegar ferramentas para potenciar a carreira profesional dos interesados; e información clave para o reforzo de habilidades e a toma de decisións laborais.

Os/as interesados/as en asistir a este taller formativo en liña, que se celebrará a través da aplicación de videoconferencias de Zoom, deben inscribirse antes do luns día 3 de outubro ás 11 da mañá nesta ligazón: https://laboraliaudc.com/taller-formativo-inteligencia-artificial/

Comparte este artículo

Arquivos