Conferencia de Peter McAllister na clausura do Posgrado de RS

O próximo venres 5 de xuño, ás 18:30 horas, celebrarase o acto de clausura do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social da Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social, no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, 9 – A Coruña), no que se levará a cabo a entrega de diplomas aos alumnos.

Dentro do acto, enmárcase a terceira sesión do ciclo de conferencias ‘En Código Aberto’, que contará coa presenza de Peter McAllister, director de Ethical Trading Initiative (ETI), e que impartirá o relatorio ‘Social Responsibility at the Heart of a Sustainable Strategy’ (‘A Responsabilidade Social no Corazón da Estratexia Sustentable’). A traxectoria de Peter McAllister reúne máis de 20 anos dedicados a iniciativas de desenvolvemento e internacionalización de dereitos laborais en todo o mundo.

Máis información.

Comparte este artículo