O Consello Social da UDC mostra o seu apoio á candidatura de Aesia Galicia

O Consello Social da UDC mostra o seu apoio á candidatura de Aesia Galicia

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) decidiu por unanimidade mostrar o seu apoio a Aesia Galicia, a candidatura da cidade da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia artificial. “Representa unha oportunidade para reforzar o papel da nosa comunidade como polo tecnolóxico e impulsar de maneira exponencial o crecemento e o desenvolvemento social e económico da contorna. O respaldo da universidade, das empresas, así como da administración local e autonómica é unánime, polo que desde o Consello Social da UDC queremos mostrar o noso apoio a este iniciativa como órgano de participación da sociedade na universidade”, manifestou Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC. 

Ademais, na reunión celebrada onte, o pleno aprobou as contas anuais da UDC correspondentes ao exercicio económico de 2021. A Universidade da Coruña tamén informou o Plan Estratéxico 2022-2026, así como as medidas de aforro enerxético e redución do impacto ambiental.  

Ao mesmo tempo, o reitor da Universidade expuxo ao Pleno do Consello Social a Memoria de Responsabilidade Social da UDC 2020-2021, que se presentará o próximo 24 de novembro. O pleno informou favorablemente a proposta de modificación do Grao en Relacións Institucionais, e aprobouse a aceptación da doazón de equipos de laboratorio por parte de Phoenix Contact GmbH & Co, UK á Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol. 

Comparte este artículo

Arquivos