A Fundación Conocimiento y Desarrollo (CYD), en colaboración co Consello Social da Universidade da Coruña, organiza este miércoles 27 de abril, ás 9:15 horas, unha xornada de traballo na Coruña sobre o informe ‘As universidades españolas. Una perspectiva autonómica 2015’.
A cita terá lugar no Salón Castelao do Hotel Hesperia A Coruña, coa presencia de D. Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC e Patrono da Fundación CYD; D. José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia; e D. Francesc Solé Parellada, vicepresidente da Fundación CYD, entre outros membros do Sistema Universitario Galego e do tecido empresarial autonómico.
Pode descargar o informe aquí.