O alcalde de Ferrol recibe ao presidente do Consello Social da UDC

O alcalde de Ferrol recibe ao presidente do Consello Social da UDC

Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) segue coa súa rolda de visitas aos principais axentes da sociedade da provincia da Coruña. Hoxe venres foi recibido polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, no seu despacho no Concello.

Abril explicou a Suárez os eidos de traballo da institución en materia de responsabilidade social, emprendemento e formación en competencias profesionais e transferencia de coñecemento. O alcalde amosou o seu interese polo estado da UDC, a adaptación dos campus ás titulacións existentes ou a necesidade de potenciar a oferta educativa actual. O presidente do Consello Social mantén estas entrevistas para impulsar o mellor cumprimento do servizo público que presta á educación universitaria, que debe contribuír ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia.

Comparte este artículo

Arquivos