O equipo promotor da Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social participou o luns 4 de abril en dous seminarios celebrados na Universidade Pública de Navarra e organizados polo seu Consello Social co obxectivo de fomentar o achegamento entre académicos e técnicos expertos en responsabilidade social vinculados a ambas institucións.
Román Felones Morrás, presidente do Consello Social da UPNA ata o pasado mércores, e Eloísa Ramírez Vaquero, vicerreitora de Proxección Universitaria e Relacións Institucionais, recibiron a Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e secretario xeral e do Consello de Inditex; e a Marta Rey García, que dirixe a citada cátedra.
No primeiro dos seminarios, O impulso da Responsabilidade Social na Universidade Pública de Navarra, Abril pronunciou unha conferencia baixo o título Responsabilidade Social e compromiso de ‘compliance’ na empresa e na universidade. A continuación, interveu como ponente Marta Rey GArcúa, quen falou sobre a Cátedra Inditex de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña: unha experiencia de colaboración universidade-empresa.
Ao seminario, presentado por Román Felones e Eloísa Ramírez, asistiron profesores da UPNA expertos en responsabilidade social xunto a representantes de empresas e organización de Navarra que tamén traballan nesta materia.
O segundo dos actos tiña como obxectivo presentar un recenté Acordo do Consello Social mediante o que se formula a valoración que realizan profesionais do entorno sobre os Grados da UPNA e se emiten recomendacións para a súa mellora. Nos últimos meses, o Consello Social, a Vicerreitoría de Ensinanzas da UPNA e a Fundación Universidad-Sociedad desenvolveron un proxecto para coñecer a valoración que profesionais relevantes do entorno fan dos graos da Universidade. Cada unha destas ensinanzas foi obxecto de análise por un grupo grupo de traballo conformado por profesionais externos, e coas súas opinión emitíronse unha serie de informes coa valoración de cada un dos graos e cunha serie de recomendacións de mellora.
Este encontró serviu para presentar o acordo aos empresarios e profesionais que colaboraron no proxecto e aos responsables das facultades e escolas da Universidade. O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, pola súa banda, expuxo unha ponencia sobre A Universidade e a empresa nun mundo en transformación. Posteriormente, o seu homólogo na UPNA fixo unha presentación do Acordo do Consello Social e a Vicerreitora de Ensinanzas, Carmen Jarén, falou sobre A orientación ao entorno como principio de actuación da Universidade Pública de Navarra.