O Consello Social aproba o orzamento e Plano Operativo Anual da UDC de 2018

O Consello Social aproba o orzamento e Plano Operativo Anual da UDC de 2018

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña aprobou, na sesión celebrada o 21 de decembro, o orzamento e o Plano Operativo Anual da UDC correspondentes ao exercicio 2018, así como a proposta de orzamento do propio Consello para o mesmo período.

Os integrantes do Consello Social aprobaron, así mesmo, a liquidación do orzamento e das contas anuais da Universidade relativos a 2016 e deron luz verde ao calendario de plenos para o próximo ano.

Durante a sesión plenaria, tamén foron informados favorablemente a ampliación de capital da empresa de base tecnolóxica da UDC Health in Code S.L. e o complemento autonómico ao recoñecemento polos cargos de xestión a profesores.

Antes de finalizar a reunión, o Pleno escoitou o informe da Universidade sobre os convenios aprobados en Consello de Goberno.

Comparte este artículo

Arquivos