O Consello Social da UDC celebra as xornadas Finanzas para Mortales

O Consello Social da UDC celebra as xornadas Finanzas para Mortales

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) celebra as xornadas formativas Finanzas para Mortales organizadas por Santander Financial Institute (SANFI) e impulsadas por Banco Santander no edificio NORMAL da UDC, co obxectivo de transmitir ao alumnado a importancia das finanzas e da economía no seu día a día.

Finanzas para Mortales é un proxecto de educación financeira impulsado por Banco Santander, a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (UCEIF) e SANFI, que se divide en dúas xornadas: no primeiro día, ‘As contas do meu país’, e o segundo, ‘Nico e Ana emprendendo’.

O primeiro encontro comezou o mércores 13 ás 16:00 horas cunhas palabras de agradecemento por parte do reitor da UDC, Julio Abalde, quen recalcou que “a universidade debe transferir as competencias necesarias para que a sociedade avance. E para ello, é ventaxoso que haxa unha interacción entre a universidade, a sociedade e a empresa”.

Pola súa banda, Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, destacou a necesidade de que haxa profesionais transversais e a importancia de que a universidade axude a dar unha formación básica transversal: “É importante que transmitamos tamén habilidades prácticas para que a mocidade sexa capaz de facer fronte aos retos do día a día”.

A directora territorial de Galicia de Banco Santander, Rosario García, sinalou que a entidade é a primeira empresa mundial que aposta pola formación financeira para achegar a economía e as finanzas á sociedade, e aproveitou para comentar que Galicia é a pionera por ofrecer estas xornadas na universidade.

Na mesma liña continuou Francisco Javier Martínez, director xeral da Fundación UCEIF e SANFI: “A través deste proxecto, queremos ofrecer ao eido uiversitario un acceso a unha educación financeira básica que satisfaga as necesidades da mocidade”. Este proxecto naceu na contorna online froito dunha “simbiose de investigación e formación grazas á relación entre a universidade e a empresa, xa que no noso caso o Banco Santander é o noso patrono”, explicou Begoña Torre, directora de Finanzas para Mortales.

 

 

 

 

 

Comparte este artículo

Arquivos