O Consello Social da Universidade da Coruña organiza o vindeiro xoves 21 de abril unha xornada sobre discapacidade e inclusión co obxectivo de detectar tendencias, experiencias e compartir coñecemento no eido das políticas das organizacións públicas e privadas para crear valor social, poñendo de manifesto a formación coma unha peza clave para o desenvolvemento.
O programa contará coa presenza de Mara Dierssen, científica especializada en neurociencia; Enrique Silvestre, xerente do Instituto Nacional de Administración Pública; Francisco Botía, director xeral de Ilunion Capital Humano; ademais doutros relatores que participarán en dúas mesas de debate.
Tamén participarán na xornada Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña, e Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC.
Acto público e gratuíto, previa inscrición: consello.social@udc.es
Pode descargar o programa aquí.