O Consello Social da UDC reúnese en Comisión de Asuntos Económicos

O Consello Social da UDC reúnese en Comisión de Asuntos Económicos

A Comisión de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse onte 14 de xullo, para recibir o informe da UDC sobre a execución do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia para o período 2016-2020. O estado da execución orzamentaria para o segundo trimestre do exercicio de 2016 foi outro dos informes expostos polo equipo de goberno da UDC, así como o relativo á liquidación orzamentaria do exercicio de 2015.

Por outra parte, a Comisión Permanente de Supervisión de Actividades Universitarias e Calidade dos Servizos do Consello Social da UDC tamén mantivo onte unha reunión na que se estudou e analizou a norma aprobada o 28 de xuño que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia dos estudantes de grao e mestrado universitario da UDC.

Comparte este artículo

Arquivos