O programa Laboralia volve en 2020 con novos talleres gratuítos dedicados ao mundo tecnolóxico. O primeiro terá lugar o próximo 17 de setembro e, baixo o título eSports e Novas Profesións, centrarase nun sector que se atopa en auxe na actualidade. O taller impartirase de forma online desde as 16 ata las 20 horas.
Laboralia 2020 ofrecerá a oportunidade de introducir aos asistentes no ámbito do videoxogo deportivo. Actualmente, non so conta cunha audiencia cifrada en máis de 300 millóns de usuarios, senón que é un dos sectores que máis inversións é capaz de captar.
Nesta edición tamén contarase con expertos no sector para cada un dos talleres. Neste caso, para falar de e-Sports, o Consello da UDC contará coa participación de Fernando Piquer, CEO de Movistar Riders e director do primeiro centro de alto rendemento de Europa para o desenvolvemento profesional de eSport, e Mario Martínez, actualmente coach e streamer de eSports e exdirector de Movistar Riders Academy.
Este taller práctico nace co obxectivo de expoñer os retos e oportunidades que presenta un área como a dos eSports no eido da educación e o emprego. Asimesmo, preténdese que os asistentes sexan capaces de adquirir coñecementos en relación ao emprendemento de novos negocios, creación e xestión de eventos, activación de patrocinios ou iniciación dunha carreira profesional no mundo dos deportes electrónicos.
Os interesados en asistir ao taller online, que se celebrará a través da aplicación de videoconferencias Zoom, deben inscribirse enchendo este formulario.