O Consello Social participa na IV Xornada sobre Identidade da Universidade

O Consello Social participa na IV Xornada sobre Identidade da Universidade

O pasado xoves 15 de decembro, tivo lugar na Aula Magna da Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra a IV Xornada sobre Identidade da Universidade, organizada polo Instituto Core Curriculum baixo o título “A Universidade ao servizo do desenvolvemento integral da sociedade”.

O director técnico do Consello Social da Universidade da Coruña, Jesús Spósito Prado, participou xunto ao director de RSC, Comunicación e Relacións Institucionais de ILUNION, Grupo de empresas da ONCE e a súa Fundación, Fernando Riaño, na mesa redonda A colaboración entre a Universidade e outras organizacións sociais. Durante a mesma, expuxéronse temas como o compromiso real e efectivo na consecución dunha universidade presidida polo deseño para todos” ou a importancia da inserción laboral de persoas con discapacidade sendo conscientes de que teñen outro tipo de capacidades moi valiosas para o traballo. Neste sentido, Spósito compartiu cos asistentes os bos resultados de programas como spazo Compartido o Laboralia.

Os invitados á mesa redonda sobre A aportación ao desenvolvemento social e ambiental desde a Universidade, destacaron, pola súa banda, que a Universidade non é mera transmisora dunha ensinanza, senón que debe comprometerse e implicarse na protección da natureza. Emilio Chuvieco, catedrático de Xeografía da Universidade de Alcalá de Henares, sinalou que a educación ambiental calará mellor na mocidade si o entorno, toda a Universidade, é respectuoso e comprometido coa protección da natureza. Á súa vez, Javier Benayas, profesor de Ecoloxía na Universidade Autónoma de Madrid e exsecretario executivo da Comisión de Sostenibilidade da CRUE, comentou a iniciativa de aplicar un plan de sostibilidade que facilitara a diagnose e mellora da situación de cada universidade.

Finalmente, Rolando Roncancio, vicerreitor de ordenación académica da Universidade da Sabana (Colombia), aportou a experiencia da súa Universidade, na que teñen aplicado un plan de sostibilidade en toda a rexión xeográfica na que se atopa, Cundinamarca, traballando coas autoridades locais de cada municipio.

 

 

 

Comparte este artículo

Arquivos