O Consello Social presenta as súas liñas de actuación ó alcalde da Coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, recibiu hoxe mércores en María Pita ao presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril Abadín. Esta reunión encádrase na rolda de visitas do Consello Social aos principais axentes sociais da provincia, dentro da política de colaboración do organismo universitario coas institucións públicas e privadas do seu ámbito de actuación.

Antonio Abril repasou as actuacións realizadas polo Consello Social nos eidos do emprendemento, a responsabilidade social, a formación en competencias profesionais e a transferencia de coñecemento. Xulio Ferreiro escoitou as explicacións do presidente do Consello Social e amosou o seu interese polo estado da UDC, pola adaptación dos campus ás titulacións existentes e pola necesidade de potenciar a oferta educativa actual, entre outras cuestións. Estas reunións pretenden impulsar o mellor cumprimento do servizo público que presta o Consello Social á educación universitaria, que debe contribuír ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia.

Comparte este artículo

Arquivos