O Consello Social publica a obra “Retos e Tendencias sobre Discapacidade e Inclusión no Ámbito Universidade-Empresa”

O Consello Social publica a obra “Retos e Tendencias sobre Discapacidade e Inclusión no Ámbito Universidade-Empresa”

“Unha manifestación máis do noso compromiso coa Responsabilidade Social Universitaria, un proxecto a través do cal queremos impulsar a investigación e a divulgación no ámbito da sustentabilidade e promover o estudo deste fenómeno que impregna, cada vez máis, o modo en que as organizacións públicas e privadas desenvolven a súa actividade”. Así introduce o Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín, a obra “Retos e Tendencias sobre Discapacidade e

Inclusión no Ámbito Universidade-Empresa”, recentemente publicada no marco da Colección RSU do Consello Social da UDC.
Tal e como sinala Abril, “a obra amosa, ademais, o potencial da colaboración universidade – empresa como catalizador capaz de xerar solucións innovadoras a retos sociais de primeira índole”, como o é o tratamento que recibe a discapacidade nas distintas esferas da vida social.

“Retos e Tendencias sobre Discapacidade e Inclusión no Ámbito Universidade-Empresa” conta coa colaboración de cinco autores -Mara Dierssen Sotos, Enrique Silvestre Catalán, Francisco Botía Robles, Antonio-Luis Martínez-Pujalte e Araceli Torres Miño-, participantes todos eles na xornada que tivo lugar na Sede Afundación A Coruña o 21 de abril de 2016, co fin de poñer de manifiesto a inclusión como peza clave para o desenvolvemento laboral das personas con discapacidade.

Os interesados en descargar a obra en formato dixital poden facelo aquí.

Comparte este artículo

Arquivos