O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 13 e 14 de marzo no edificio NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC, as xornadas formativas Finanzas para Mortais, un proxecto de educación financeira impulsado por Santander Universidades, la Fundación de la Universidad de Cantabria para el Estudio y la Investigación del Sector Financiero (UCEIF) y el y el Santander Financial Institute (SANFI).
Co obxectivo de achegar ao alumnado a importancia e significado das finanzas e a economía no día a día (de que se fala nas noticias ou na política, que información conleva a solicitude dun crédito ou de que depende unha hipoteca), este encontro formativo contará coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a directora territorial de Galicia de Banco Santander, Rosario García Alonso; o director xeral da Fundación UCEIF, Francisco Javier Martínez García; e a subdirectora de SANFI e directora de Finanzas para Mortais, María Begoña Torre Olmo.
Os interesados en asistir ás xornadas deberán encher a solicitude de inscrición antes do 8 de marzo a través desta ligazón.
Programa completo das xornadas, disponible para descarga aquí.