“O futuro é dixital ou non é”, segundo taller de Laboralia 2020

“O futuro é dixital ou non é”, segundo taller de Laboralia 2020

O COVID19 supuxo unha aceleración na transformación dixital de moitas organizacións, públicas e privadas, e con proxección en todos os sectores de actividade. A transformación dixital está provocando, neste sentido, cambios nas competencias que as empresas demandan e/ou que son necesarias para emprender.

No segundo taller de Laboralia 2020, “O futuro é dixital ou non é”, obteremos información sobre as novas tendencias que afectan á empregabilidade e ao emprendemento, tomando como punto de partida a dixitalización como principal fenómeno, e outros procesos e ámbitos transversais e de gran importancia para as empresas e outras organizacións, como a innovación e a sustentabilidade.

Para impartir este taller, o Consello Social da UDC contará coa participación do experto en innovación en contornas dixitais sustentables, Open Innovation Senior Ecosystem Builder en BBVA, Ignacio Villoch; e a directora de Talento Externo e Transformación en Inserta Empleo (Fundación ONCE), Ana Pilar Cruz Boluda.

Os interesados en asistir a esta webinar, de forma gratuíta previa inscrición, poden apuntarse AQUÍ.

Comparte este artículo

Arquivos