O II Foro Universitario de Unidad Editorial debate como transformar España dende o coñecemento

O II Foro Universitario de Unidad Editorial debate como transformar España dende o coñecemento

O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín, participou onte en Madrid no II Foro Universitario de El Mundo co título ‘Xerar riqueza, financiar a excelencia’, no que se puxeron enriba da mesa os desafíos que debe afrontar a comunidade educativa en España e trazou unha folla de ruta cara á excelencia. O reitor da Universidad Pompeu Fabra, Jaume Casals; o filósofo José Antonio Marina; o presidente da Comisión Académica da Conferencia de Consellos Sociais (CCS), Antonio Abril; e o responsable de Economía de Ciudadanos, Luis Garicano, apostan por que as universidades españolas poidan escoller aos seus profesores.

Abril indicou tamén que o sistema de elección dos reitores españois debería tender ao que fan outras universidades estranxeiras ou as propias empresas, que contratan dirixentes “de fóra”. Así mesmo, defendeu que ás universidades hai que dotalas dunha maior flexibilidade para escoller aos seus profesores e levar ao cabo contratacións “en réxime laboral indefinido”. “Por que o reitor ten que ser funcionario, da mesma universidade e elixido por eleccións?”, pregúntase, para engadir que a CRUE “ten que ser máis valente” para impulsar un novo sistema de gobernanza.

Na mesma liña, o filósofo e pedagogo José Antonio Marina subliñou que o sistema funcionarial da universidade española “non funciona” e insistiu en que “a endogamia ten que rematar”.

Reportaxe do 19 de outubro en El Mundo (PDF)

Reportaxe do 2 de novembro en El Mundo (PDF)

Comparte este artículo

Arquivos