O Pleno do Consello aproba a creación da sociedade mercantil: Centro de Servicios Avanzados Ciudad de las TIC S.L.

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) se reuniu o 28 de xullo de 2020, por videoconferencia en sesión ordinaria. Nesta sesión aprobou a creación da sociedade mercantil denominada Centro de Servicios Avanzados Ciudad de las TIC S.L. Asemade, aprobouse a cesión do Pavillón nº 2 da antiga Fábrica de Armas da Coruña para instalar e xestionar un “Centro de Servizos Avanzados”.

No pleno emitiuse informe favorable ao proxecto de decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso académico 2020/2021.

Do mesmo xeito, a universidade informou sobre a prórroga orzamentaria correspondente ao exercicio 2019, e sobre o nivel de execución orzamentaria no primeiro semestre do exercicio 2020.

Ademais, nesta reunión, informouse favorablemente ás propostas de implantación para o curso 2020/2021 do Grao en Máquinas Navais e do Máster en Xerontoloxía. E, por outra banda, informouse favorablemente á proposta de modificación dos graos en Náutica e Transporte Marítimo; e en Comunicación Audiovisual, así como do Máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria

O pleno do Consello Social aprobou asemade a Memoria do Consello Social da Universidade da UDC correspondente ao exercicio 2019. Por ultimo, a Universidade informou , sobre a Memoria de Responsabilidade Social da UDC 2018/2019, e sobre os convenios aprobados en Consello de Goberno.

Comparte este artículo