O pleno do Consello Social aprobou, na súa reunión extraordinaria de onte 18 de outubro, o nomeamento dun novo xerente para a Universidade da Coruña. Tras a dimisión de Juan Díaz Villoslada o pasado agosto, o equipo de goberno da UDC, xunto co presidente do Consello Social, seleccionaron a Ramón del Valle López, con ampla experiencia como funcionario da Xunta de Galicia nos últimos 25 anos.
Ademais desta aprobación, o pleno recibiu información sobre os convenios aprobados polo Consello de Goberno da UDC e validou a asignación de complemento autonómico por cargos de xestión a profesorado, así como a integración da UDC no padroado da Fundación Docomomo.