O Rei Felipe VI recibe ao Comité Executivo da CCS, presidido por Antonio Abril Abadín

O Rei Felipe VI recibe ao Comité Executivo da CCS, presidido por Antonio Abril Abadín

S.M el Rey Felipe VI ha recibido en audiencia en el Palacio de la Zarzuela al Comité Ejecutivo de la Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCS), encabezado por el Presidente del Consello Social de la Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril Abadín. Durante la misma, el también Presidente de la CCS ha transmitido a S. M. el Rey la “extraordinaria importancia de la universidad en la formación del talento, verdadero motor del desarrollo económico y del bienestar social”.

S.M o Rei Felipe VI recibiu en audiencia no Palacio da Zarzuela ao Comité Executivo da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS), encabezado polo Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril Abadín. Durante a mesma, o tamén Presidente da CCS transmitiu a S. M. o Rei a “extraordinaria importancia da universidade na formación do talento, verdadeiro motor do desenvolvemento económico e do benestar social”.

Tal e como expuxo Abril, para a CCS -que aglutina aos consellos sociais das universidades públicas e aos consellos e padroados de universidades privadas- deben introducirse reformas estruturais no sistema de goberno e no financiamento da universidade pública española para que se poida homologar e competir coas que existen no Espazo Europeo de Educación Superior e para que se poida facer fronte aos retos que plantexa un mundo global en continua transformación.

O Presidente do Consello Social destacou que os consellos son “o órgano de participación de toda a sociedade na universidade“. Tras recoñecer a existencia de “universidades moi meritorias que atesouran un talento excepcional”, expresou a necesidade de que os responsables públicos “actúen con valentía, xenerosidade e grandeza de miras para priorizar a universidade e dotala das ferramentas adecuadas para desenvolverse na actual contorna competitiva e responder ás demandas reais da sociedade, porque España será no futuro o resultado do que hoxe sexa capaz de invertir na excelencia da súa educación”.

O pasado mes de setembro, a CCS, xunto á CRUE e axentes sociais, apoiou no Congreso dos Deputados un comunicado que solicitaba unha nova Lei Orgánica de Universidades. En novembro, a Asamblea Xeral da CCS aprobou o “Manifesto de Maspalomas”, no que advertía do “grave risco que corremos como país se non acometemos con urxencia estas imprescindibles reformas”.
Comité Executivo da CCS

O Comité Executivo da CCS está formado por Antonio Abril Abadín (Universidade da Coruña, presidente), Concha Yoldi (Universidade de Sevilla, vicepresidenta), Julio Lage (Universidade Politécnica de Madrid, vicepresidente), Ladislao Azcona (Universidade de Oviedo, vocal), Mónica Bragado (Universidade Politécnica de Valencia, vocal), Juan Antonio Campillo (Universidade de Murcia, vocal), Luis Javier Cepedano (Universidade de León, vocal), Joan Pedrerol (Universidade Rovira i Virgili, vocal), Ángel Tristán (Universidade Las Palmas de Gran Canaria, vocal) e Manuel A. Villa-Cellino (Universidade Antonio de Nebrija, vocal). Tamén forman parte do Comité con voz pero sen voto Elena Marín (presidenta da Comisión de Secretarios, vocal) e Miguel Ángel Acosta (secretario xeral da CCS).

Discurso íntegro de Antonio Abril Abadín con motivo da audiencia real, disponible no Blog do Presidente.

 

Comparte este artículo

Arquivos