El presidente del Consello Social de la Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril, ha participado hoy en las jornadas ‘Comunicación y Responsabilidad Social’, organizadas por la Red de Gabinetes de Comunicación de las Universidades Españolas. La cita, que ha tenido lugar en A Coruña, ha sido inaugurada por el rector de la UDC, Julio Abalde.
Abril, en su ponencia ‘La Responsabilidad Social, compromiso estratégico necesario en la Universidad del siglo XXI’, ha expuesto la necesidad de que las instituciones públicas sigan estándares de responsabilidad social.
«El sistema de gestión y gobierno de las universidades tiene que cambiar. Tiene que adaptarse a la realidad», ha expuesto el presidente del Consello Social de la UDC, que ha señalado que el servicio público, así como la independencia y la responsabilidad social, deben tener una coexistencia posible y necesaria. «Tiene que haber una asunción por parte de la Universidad de un conjunto de principios y valores éticos, sociales y medioambientales, implementados en los procesos clave de su gestión interna y también en su triple misión de docencia, investigación y transferencia de resultados».
Además, Abril ha expuesto ante los responsables de comunicación de las universidades españolas las líneas estratégicas de la UDC en responsabilidad social, así como dos proyectos concretos del Consello Social: Cátedra Inditex-UDC y Espazo Compartido.
O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), Antonio Abril, participou hoxe nas xornadas ‘Comunicación e Responsabilidade Social’, organizadas pola Rede de Gabinetes de Comunicación das Universidades Españolas. A cita, que tivo lugar na Coruña, foi inaugurada polo reitor da UDC, Julio Abalde.
Abril, no seu relatorio ‘A Responsabilidade Social, compromiso estratéxico necesario na Universidade do século XXI’, expuxo a necesidade de que as institucións públicas sigan estándares de responsabilidade social.
«O sistema de xestión e goberno das universidades ten que cambiar. Ten que adaptarse á realidade», expuxo o presidente do Consello Social da UDC, que sinalou que o servizo público, así como a independencia e a responsabilidade social, deben ter unha coexistencia posible e necesaria. «Ten que haber unha asunción por parte da Universidade dun conxunto de principios e valores éticos, sociais e medioambientais, implementados nos procesos clave da súa xestión interna e tamén na súa tripla misión de docencia, investigación e transferencia de resultados».
Ademais, Abril expuxo ante os responsables de comunicación das universidades españolas as liñas estratéxicas da UDC en responsabilidade social, así como dous proxectos concretos do Consello Social: Cátedra Inditex-UDC e Espazo Compartido.