“En AddVenture apréndese sobre o proxecto de cada alumno”
AddVenture

“En AddVenture apréndese sobre o proxecto de cada alumno”

Especializado en e-commerce e na transformación dixital de empresas, investidor e emprendedor, Javier Cuervo trasladará a súa experiencia e o seu coñecemento aos alumnos do programa de formación en emprendemento, AddVenture. Este curso intensivo en liña, impulsado polo Consello Social da Universidade da Coruña e impartido polo equipo de docentes de Sngular Teamlabs, destaca e diferénciase polo seu ensino práctico orientado a vendas e á xeración de tráfico en liña e offline, dous aspectos críticos no desenvolvemento de calquera negocio sexa cal for o seu sector.

Como experto considera que o e-commerce está a vivir o mellor momento na súa historia, o programa de formación AddVenture chega, por tanto, no momento máis adecuado?

Agora mesmo o comercio electrónico non é negociable. É obrigatorio porque hai moitas formas de venda que están en parte ou totalmente bloqueadas. O comercio electrónico é algo moito máis amplo que mercar uns zapatos por internet e pagalos porque hai vendas que empezan en liña e acaban offline e ao revés. Levamos uns anos vivindo a época da omnicanalidade. Agora mesmo non se pode prescindir diso e é o mellor momento porque estamos a ver números espectaculares. Os e-commerce máis atrasados, como alimentación, están a vivir, mesmo, unha explosión como nunca se viu. Ademais, hai xente que nunca antes mercara por internet e agora estano facendo, por iso hai que facilitarllo. Na miña opinión, o que compra en liña vaino a seguir facendo pase ou non a pandemia. Son hábitos que custa moito adquirilos, pero unha vez ocorre, xa entenden o ciclo e poden facelo con outras cousas. O mesmo que con produtos, pasou con servizos. Hai servizos de empresas que non se poden facer reunións presenciais, porta a porta e non queda outra máis que comunicar en liña.

Que pode achegar AddVenture a emprendedores e a aqueles empresarios ou autónomos que teñen un negocio e queren darlle un xiro?

Apréndese no propio proxecto. Como lugar de aprendizaxe utilizamos, no caso do emprendedor, o seu proxecto e no do empresario, a propia empresa. Imos achegarlles nos seus proxectos reais. Non vai ser unha carga teórica e tampouco é unha cuestión de tecnoloxía, de explicarche como se crea unha páxina web. Farémolo sobre a túa e imos mellorala. Traballaremos as cinco áreas que inflúen no comercio electrónico: produto, imos ensinar como conseguir tráfico para el; plataforma, imos tocar a túa páxina web, o teu WhatsApp –porque, se cadra, onde vendes é por WhatsApp- ou, se é un servizo, teño que cotizarcho; atención ao cliente, como varían as formas de atención ao cliente; e a loxística.

Outro dos aspectos que tratará é a xeración de tráfico en liña.

A xeración de tráfico cara á miña páxina ou cara ao meu local físico é interesante para todos e imos ver como conectar o mundo en liña e offline. Imos ver como xeramos vendas e interese no mundo en liña e como iso acaba no offline ou no propio en liña. Pero, sobre todo, a medir, a saber como che coñece un cliente. Porque na internet mídese todo. É un proxecto real porque se vai a facer sobre proxectos reais, pero é un proxecto de aprendizaxe e queremos ir aprendendo que é o que che vén ben.

Calquera sector e proxecto é susceptible de comercializarse en liña?

Todo é e-commerce. Agora mesmo hai moitas posibilidades a proba de Amazon. Cousas que Amazon non venda. Eu vendín enterros, casullas para curas, probas xenéticas, cousas moi estrañas e todo é susceptible de venderse, outra cousa é que ti acabes pagando na pantalla. Pero conseguir que alguén se interese polo seu servizo, che de o seu número de teléfono para que ti o contactes ou consulte na túa páxina web, isto tamén é e-commerce. Case calquera venda na que pensemos ten unha parte que pasa por internet, porque che buscan e queren ver que ti es quen dis, contáctanche por aí, preguntan en foros. Case calquera compra ten unha compoñente en liña e iso ao final mídese e trabállase. É case imposible que fagas unha venda física pura dun novo cliente.

Un dos contidos máis interesantes é a operativa do marketplace de Amazon, que aspectos da súa operativa poden trasladarse ao pequeno comercio?

O primeiro que deben ter claro é que poden vender en Amazon e que as regras de xogo son diferentes a outros marketplace. Son cambiantes e hai que estar ao corrente. Convén como experimento porque che aforra o ter que captar tráfico. Pode servir como comparador, para coñecer á competencia e, sobre todo, pode servir como unha canle adicional de venda. Podes asumir o risco de non estar aí? E que se cadra tes que estar dentro dunha estratexia de diversificar canles. Antes resaltaba a importancia da analítica de datos, porque na internet todo se pode medir. Vimos moi afeitos ao mundo físico. Teño un produto, véndoo, ten unhas marxes, pero en comercio electrónico os custos son outros. Cando podes medilo todo, non medir é o maior risco que podes asumir. Saber canto che custa traer un usuario de Facebook, por exemplo. Polo camiño aprendes e sabes onde tes que facer as campañas e onde investir. Un dos meus obxectivos no programa é realizar un cadro de mandos completo da internet cos datos de cada proxecto: web, posicionamento en Google, con que palabras está a atoparte a xente, campañas en buscadores e redes…

AddVenture é un programa en liña intensivo e en modalidade aula virtual, Cales son os seus puntos fortes e en que se diferencia doutros?

AddVenture ten varios puntos fortes. Un deles é que se realiza en equipo. Cando se aprende en equipo apréndese máis e máis rápido. Hai bastante base tecnolóxica entre os proxectos e iso ten uns requisitos, a comercialización dos produtos e servizos de base tecnolóxica ten as súas diferenzas. O que sexa en modo workshop conleva que os alumnos aprendan por proxecto, en equipos e no seu propio proxecto. Non che estou contando o caso doutro, imos aprender sobre o teu caso. En AddVenture imos funcionar coma se fósemos un coach e un asesor do proxecto. Ademais, eu pasei por iso, vou achegar a miña experiencia no teu proxecto ou no teu negocio. Ao termo, realizaremos unha presentación de proxectos e pretendo que o entregable sexa un cadro de mando que inclúa de onde veño, como me publicito, como acaba a xente na miña páxina, se iso acaba nunha tenda física, etc. Será un estudo que leven debaixo do brazo e que acompañe á empresa e forme parte da reunión semanal de seguemento da empresa.

AddVenture

Atendendo á súa experiencia, existen programas en liña similares a AddVenture en España impulsados pola universidade e relacionados co emprendemento?

A comercialización dos resultados da investigación, a tripla hélice, é algo que levamos 20 anos falando dela, pero facemos máis ben pouco. En canto a procura de financiamento, transferir tecnoloxía ou protección de patentes, coñezo proxectos en Madrid e Barcelona, pero poucos tan orientados á comercialización, á venda do resultado da investigación, como é este. As empresas de base tecnolóxica, tanto creadas por estudantes e profesores, son unha ferramenta de transferencia de tecnoloxía, pero non se lles ensina a vender.

Calquera sector e proxecto é susceptible de comercializarse en liña?

Todo é e-commerce. Agora mesmo hai moitas posibilidades a proba de Amazon. Cousas que Amazon non venda. Eu vendín enterros, casullas para curas, probas xenéticas, cousas moi estrañas e todo é susceptible de venderse, outra cousa é que ti acabes pagando na pantalla. Pero conseguir que alguén se interese polo seu servizo, che de o seu número de teléfono para que ti chámeslle ou che poña unha consulta na túa páxina web, isto tamén é e-commerce. Case calquera venda na que pensemos ten unha parte que pasa por internet, porque che buscan e queren ver que ti es quen dis, contáctanche por aí, preguntan en foros. Case calquera compra teñen unha compoñente en liña e iso ao final mídese e trabállase. É case imposible que fagas unha venda física pura dun novo cliente.

Comparte este artículo

Arquivos