Espazo Compartido segue traballando pola inclusión educativa e laboral

Espazo Compartido segue traballando pola inclusión educativa e laboral

Espazo Compartido cumpre 8 anos de intenso traballo pola inclusión educativa, laboral e social das persoas con discapacidade cognitiva. Este programa formativo, pioneiro no sistema universitario autonómico, está a lograr derrubar as barreiras que se impoñían no acceso ao ámbito de educación superior para determinados colectivos.

Desde o Consello Social da UDC impulsamos a responsabilidade social universitaria, a educación en igualdade e a mellora da empreabilidade dos estudantes e Espazo Compartido é un bo exemplo deste compromiso. Esta iniciativa xurde en 2013 froito da colaboración co Vicerreitorado de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña e é posible grazas ao mecenado de entidades como Banco Santander, Fundación Universia e Fundación ONCE.

Esta titulación propia da Universidade da Coruña para a formación socio laboral de persoas con discapacidade cognitiva axudou ao desenvolvemento persoal, a adquisición de competencias profesionais e a unha maior independencia vital a máis de 40 alumnos e alumnas de entre 18 e 30 anos. Faino a través dunha metodoloxía adaptada a cada persoa participante garantindo, ademais, a realización de prácticas laborais en empresas e institucións que comparten os valores de Espazo Compartido.

O programa, cunha duración de 900 horas e no que participan un equipo de docentes interdisciplinar, busca xa á súa quinta promoción que estará formada por 15 estudantes. O prazo de preinscrición para o curso 2021-2023 permanecerá aberto ata o 15 de xuño https:// cutt. ly/3 lIlnWM

Comparte este artículo

Arquivos